top of page
Caramba.jpg

video-conto, diversidade, frustración

Caramba é un gato o cal está frustrado por non saber voar igual que os outros gatos.  Pero el sabe algo que os demáis non...sabe nadar. E iso faino diferente, e feliz. 

Caramba

Cesar y el futbolín mágico.png

pdf, distrófia, muscular

A César encántalle xogar ó futbolín pero ás veces atópase canso e sen forzas para nada. A través deste conto podemos aprender sobre a dor e o valor da amizade, a solidariedade e a aceptación. 

César y el futbolín mágico

El cazo de Lorenzo.jpg

vídeo-conto, diversidade

Lorenzo é un neno con dificultades para levar unha vida normal.  Unha amiga devólvelle as ganas cando o axuda a convivir coas súas dificultades e comprender que ser diverso é ser humano. 

El cazo de Lorenzo

Poquito a poco.jpg

vídeo-conto, medo

Este conto ten como protagonista a Revoltoso, unha londra que non sabe nadar e ademais ten medo a auga, polo que pouco a pouco e coa axuda dos seus amigos, é capaz de afrontar o seu medo. 

Poquito a poco

Un chico valiente como yo.jpg

video-conto, diversidade, frustración

Este conto fala dun neno que é moi valente, pero tamén  ten medos, como todas as persoas. Para superalos axúdase don osiño de peluche que lle agasallou a súa avoa. 

Un chico valiente como yo

Hasta que podamos abrazarnos.jpg

pdf, abrazos, emocións

 Erizo e Tortuga son dous grandes amigos que se queren abrazar pero non poden debido aos pinchos de Erizo. Ante esta situación Búho díxolles que hai moitas maneiras de demostrar que se queren, polo que comezaron a escribirse cartas, mandarse bicos polo aire, cantar ou tocar cancións.

Hasta que podamos abrazarnos

Emocionario.jpg

pdf, emocións, sentimentos

Este conto supón un achegamento ás emocións que existen, tanto boas como malas. Inclúe unha breve definición de cada unha e logo unha pregunta para contestar. Pretende facer un percorrido por todas as emocións para que os nenos/as as vaian asimilando e identificándose con elas.

Emocionario

Elmer.jpg

pdf, diversidade, elefante

 Elmer, é un elefante, pero non un calquera, senón un que ten moitas cores. E ademáis fai rir ós demais elefantes. Un día, inseguro das súas cores decide pintarse de gris, para ser como todos os demais, como rematará? 

Elmer

Lina la pequeña golondrina.jpg

pdf, cancro, tratamento

A protagonista deste conto é Lina, unha andoriña que vive moi felizmente coa súa familia, ata que un día comeza a atoparse mal. O tratamento, a axuda recibida e outras etapas das enfermidades oncolóxicas están presentes neste fermoso conto. 

Lina 

Nos lo dijo Pepe.jpg

pdf, cancro, familias

A través da visión de Pepe, o gato da familia, coñecemos a historia de dous xemelgos chamados Ana e Pablo, cuxa nai estaba sendo tratada contra o cancro. Ademais, inclúe un capítulo para os pais sobre como e cando comunicarlle estas duras noticias aos nenos.

Nos lo dijo Pepe

A vaca que puxo un ovo.jpg

vídeo-conto, vaca, diversidade

Marjorie triste porque non podía facer o mesmo que as outras vacas (montar en bici, dar un pinchacarneiro). Entón, as galiñas decidiron poñerlle un ovo debaixo pa que pensase que era dela e se sentise especial. Amizade e inclusión entre galiñas e vacas. 

A vaca que puxo un ovo

Daniel y el parque misterioso.png

pdf, epilepsia, comprensión

Gracias as ensinanzas da árbore sabia, Daniel, o protagonista deste conto, poderá entender mellor que lle pasa ó seu amigo José, quen sofre ataques epilépticos.

Daniel y el parque misterioso

samanta.png

pdf, sono, polisomnografía

Este conto xira en torno a Samanta, un peixe manta que ten que someterse a unha proba do sono chamada polisomnografía. 

Samanta,

el pez manta

La pecera de los cuentos.jpg

pdf, cancro, tratamento

Pecerín, o peixe contacontos, vive no acuario do Hospital Xeral Universitario de Guadalajara.  Pero, dende que a fada dos sonos lle condeceu a posibilidade de falar no mesmo idioma cos nenos, comezou a contarlles  contos sobre as cousas que el vía e coñecía do hospital. 

La pecera de los cuentos

Recurso18.jpg
Recurso 16..jpg

Bibliotecas públicas de Galicia, emocións, alegría

Este coñecido libro é xa un clásico nas aulas de Galicia. Con el trabálllanse as emocións a través da historia dun monstro  que se fixo un lío con elas, e a súa amiga  que lle axudará a comprendelas. 

No enlace podes atopar recursos gratuítos para traballar co libro 

O monstro de cores

Recurso17.jpg

pdf, covid, coronavirus

Este contro transcorre a través dunha conversa entre Alicia e o seu pai, quen lle vai contando dun xeito entretido e ameno as características deste novo virus. Ademais desta explicación, aparecen certos comentarios e valores que pretenden revalorizar a diversión na casa e traballar a tolerancia á frustración. 

Alicia y el coronavirus

pdf, confinamento, covid

Este conto parte dunha unha breve análise con imaxes da situación sanitaria que estamos vivindo, pero sempre cunha visión positiva ante o problema, para despois engadir unha serie de tarefas que os nenos/as poden facer na casa para seguir as súas vidas do mellor xeito posible.

Pronto saldré de casa

Recurso 24..jpg

mercar, vacinas, medo

Este conto xira en torno ás vacinas, así como á necesidade de perderlles o medo e saber o importantes que son para a vida. Co profesor Ombilic poderemos conseguirlo? 

Para que sirven las vacunas

41NYvCsVduL.jpg

mercar, virus, covid

Este é un libro de contido e información relevante aínda que presentada con humor, sobre onde se atopan os virus, como son, que cura teñen, como evolucionan no noso corpo e que síntomas nos dan, así como o  que é unha pandemia e a situación sanitaria que estamos vivindo.

Tamén está dispoñible en Chantada- Biblioteca Pública Municipal Xoán de Requeixo 

La vida secreta de los virus

Recurso 4.jpg

Bibliotecas públicas de Galicia, superación, aceptación

Trátase dun conto no que se presentan valores como a inclusión ou a aceptación de axuda, a través dunha historia sobre animais que viven nun bosque que, tras unha inundación necesitan buscar refuxio.

Despois da chuvia

Recurso 7.jpg

mercar, ausencia, escolarización

É un conto con Malala Yousafzai de protagonista. Nel conta a súa historia como activista a través dun lapis máxico co que facer realidade todo o que quere. Un libro co dereito á educación das nenas como bandeira. 

O lapis máxico de Malala

Recurso 8..jpg

mercar, diversidade, convivencia

El país de los cuadrados y los círculos  presenta valores como o respecto á diversidade a través da historia de dous países distintos: o dos cadrados e o dos triángulos.Tamén coñeceremos o país dos círculos. Sumándose todos, crearon cidades máis bonitas con, por exemplo, arcos e bóvedas.

El país de los

cuadrados y los círculos

Recurso 13..jpg

pdf, anestesia, cirurxía

A través da protagonista deste conto , Neri, nárrase todo o proceso anterior e posterior a cirurxía: o diagnóstico, o ingreso, o preparatorio, a intervención, a anestesia, recuperación e alta. Fai especial fincapé na anestesia e recuperación.

1,2,3 a dormir

Recurso 14..jpg

web, operación, esforzo

Este é Alberto, un neno de 12 anos ao que lle encanta o deporte. Un día leva un golpe, o que lle fará pasar por unha intervención hospitalaria , e iso asústao e enfádao. Co tempo dase conta que é cuestion de paciencia e esforzo e que grazas a isto puido ver quen o apoiaba e quería.

La operación de Alberto

Recurso19.jpg

pdf, fonendoscopio, escoitar

Durante o transcurso do conto, nenos e nenas van aparecendo unha serie de contidos nos que o fonendoscopio serve de conductor textual: o diálogo, a comprensión lectora, o aparato circulatorio, aprender a afrontar situacións difíciles...etc. 

El doctor Arcadio

Recurso20.jpg

pdf, cancro, quimio

Unha pequena cápsula chamada Quin explícanos como é o noso corpo para facer fronte ao cancro. Un libro interesante sobre este tratamento e o seu proceso no noso corpo. 

Vamos a quimioterapia

Recurso21.jpg

Bibliotecas públicas de Galicia, obesidade, alimentación

Este conto permite traballar valores como a diversidade, o respecto, etc., así como a importancia dunha alimentación saúdable. A obesidade, a alimentación e os prexuízos dende a visión dos nenos e nenas. 

Mi amigo Mantecas

Recurso 25.jpg

Bibliotecas públicas de Galicia, emocións, alegría

Neste conto trátase a historia de Riley unha nena cunha infancia chea de felicidade e alegría ata que ten que mudarse de cidade por motivos de traballo do seu pai. Debido a isto, séntese fóra de lugar, da súa rutina e confusa, a súa alegría comeza a decaer e invádena outras emocións como a tristeza, a ira, o asco...todas son emocións e todas son precisas.

Inside Out

Conto 1 (Gasparín Súper Quimio).png

vídeo conto, cancro, células

Un conto que explica o corpo humano empregando como metáfora unha casa, sendo os mobles os órganos vitais e os ladrillos as células. Algunhas células tolean, e para eliminalas  pídese axuda a Gasparín Súper Quimio, que come as células malas, pero que a veces ten problemas de vista e come tamén as células boas, como as do pelo.

Gasparín Súper Químio

Conto 2 (No país dos dragóns).jpg

pdf, coidados, cancro

Neste conto coñecemos a historia dun neno ingresado nun hospital. O neno ten que afrontar unha difícil misión no país dos dragóns. De repente, comeza a ver como o enfermeiro se converte nun incrible dragón. É un conto perfecto chegar a aventura ó hospital e achegar un proceso tan difícil á infancia.  

En el país de los dragones

Conto 3 (O esquío Colasa cóntache o qu

pdf, cancro, leucemia

Un esquío chamado Colasa explica os axentes implicados na aparición da leucemia e o proceso que se segue para combatila. Así mesmo, ofrece algunhas recomendacións de autocoidado para as persoas que padecen esta enfermidade. 

 O esquío Colasa cóntache o que pasa 

Conto 4 (Chispas).jpg

pdf, cancro, coidados

Martín e Lola son dous nenos que viven en primeira persoa a realidade do cancro infantil. A súa historia está baseada nos principios universais da axuda mutua, a empatía e a solidariedade. 

Chispas

Captura de pantalla 2020-12-26 a las 19.

pdf, radioterapia, coidados

Tron é unha máquina de Radioterapia, é moi grande e por iso está nunha habitación para el só. Pero non tes que terlle medo porque é o teu amigo. Así comeza este conto infantil.

Vamos a radioterapia

Captura de pantalla 2020-12-26 a las 19.

pdf, perda, loito

Este é un libro dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos que perderon un ser querido. A morte e a perda tamén debe ser explicada e comprendida. 

Alguien muy especial ya no está 

Conto 6 (O lazo dourado).jpg

pdf, linfoma, burkitt

Este cómic trata sobre un neno de 7 anos, chamado Sento, ao que lle diagnosticaron un linfoma de Burkitt. A través da súa irmá Lucía, nárrase o proceso dende o diagnóstico do linfoma, pasando polo tratamento da quimioterapia ata a curación de Sento. 

El Lazo Dorado

Conto 7 (O osito viaxiero).jpg

web, cancro, familia

O conto reflexa a historia dunha familia con dous fillos, un deles Inés ten cancro. A fin de manter o contacto, ambos irmáns comezan a comunicarse a través dun osiño de peluche que viaxará da casa ao hospital ata que volva Inés. 

El osito viajero

Conto 9 (Unha flor de reposto para mamá

pdf, cancro,  mama 

Unha mañá de outono, xusto cando as follas dos árbores comezan a caer, miña nai levou unha gran sorpresa. Con estas palabras comeza o relato do neno que pasa pola situación de vivir o proceso do cancro de mama da súa nai, pero que, sen perder o ánimo, afronta xunto a ela a aventura de loitar contra a enfermidade.

Una flor de repuesto

para mamá

Material nº1.jpg

pdf, lumbar, punción

"El gran árbol "contaravos a historia da formiga Rufa, que tras atoparse mal tivo que facer unha punción lumbar. Explícanos como é o proceso e que fixo Rufa, e o seu doutor para curarse da súa enfermidade. 

El gran árbol

te lo cuenta

Material nº2.jpg

vídeo.conto, mamá, cancro

Unha raíña ve afectado ao seu reino cando a invaden unhas células malvadas que queren acabar con ela e o reino. Mentres tanto a nai explícalles aos príncipes que mentras ela se ausente para facerlle fronte a estas células, serán eles quen se teñan que encargar de coidar o reino. Ademais, explícalles como será o proceso polo que vai pasar de maneira sinxela para que a comprendan ben, porque como príncipes do reino, a pesar de ser mozos, deberán asumir novas responsabilidades.

Mamá se va a la guerra

Material nº3.jpg

pdf, cancro, familia

Esta pequena historia comeza cunha mala noticia sobre unha enfermidade que ten a nai de Sparky. El é moi feliz xogando no parque pero pronto se da conta de que, o que máis feliz o fai, e ter a súa familia consigo.  

La cola de Sparky

Material nº5.JPG

pdf, cancro, osteosarcoma

Neste caso contamos cun libro composto por 14 contos que tratan diferentes tipos de cáncro e de enfermedades infantiles dende 14 perspectivas infantís totalmente diferente entre elas. 

Pídeme un deseo

Material nº6.JPG

pdf, cancro, mama

Este libro conta a historia da nai de Pol e como ela lle fai entender ao seu fillo todo o proceso que ten que seguir para curar o cancro de mama que sofre. Dende a operación de peito ata o proceso de quimioterapia e de recuperación

¿Qué te ocurre mamá?

Material nº7.jpg

pdf, cancro, mama, perda

Unha nova fada marchou para o mundo das estrelas, e dende alí seguirá escribindo contos para escoitar antes de durmir. 

El Hada de las 

estrellas

Material nº8.jpg

pdf, cancro,infantil, perda

Guille e Guzmán voltan a súa casa logo dunha guerra galáctica. O camiño resulta complicado para os dous pero un esquío axudaralle a cheguar a casa. 

El cuento de Guille

Material nº10.jpg

pdf, cancro,heroes

Este libro relata a historia da nai de Mateo, que sofre cancro, pero dende a perspectiva do rapaz e de cómo este percibe os cambios que sofre ela durante o proceso da enfermidade (tristeza, falta de apetito, cansancio..), mentras que Veloz , o seu cabalo balancín, lle explica o que está pasando e o anima a apoiala e facela rir para que esté mellor.

Dispoñible aquí en  vídeo-conto

El álbum de Mamá

maxresdefault.jpg

vídeo-conto, xiringa, Motiloa

Os contos de Ana García de Motiloa son unha serie de contos de animación que teñen como obxectivo axudar aos nenos/as a familiarizarse co instrumental médico e co tratamento ao que son sometidos, a entender a súa enfermidade e a poñer nome a aquilo que lle sucede.

Doña pincha jeringa

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

vídeo-conto, fonendoscopio, Motiloa

Os contos de Ana García de Motiloa son unha serie de contos de animación que teñen como obxectivo axudar aos nenos/as a familiarizarse co instrumental médico e co tratamento ao que son sometidos, a entender a súa enfermidade e a poñer nome a aquilo que lle sucede.

Don Mendo el Fonendo

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

vídeo-conto, otoscopio, Motiloa

Os contos de Ana García de Motiloa son unha serie de contos de animación que teñen como obxectivo axudar aos nenos/as a familiarizarse co instrumental médico e co tratamento ao que son sometidos, a entender a súa enfermidade e a poñer nome a aquilo que lle sucede.

Don Oto Scopio

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

vídeo-conto, depresor, Motiloa

Os contos de Ana García de Motiloa son unha serie de contos de animación que teñen como obxectivo axudar aos nenos/as a familiarizarse co instrumental médico e co tratamento ao que son sometidos, a entender a súa enfermidade e a poñer nome a aquilo que lle sucede.

Tres palitos de color y Don Pablo depresor

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

vídeo-conto, tensiómetro, Motiloa

Os contos de Ana García de Motiloa son unha serie de contos de animación que teñen como obxectivo axudar aos nenos/as a familiarizarse co instrumental médico e co tratamento ao que son sometidos, a entender a súa enfermidade e a poñer nome a aquilo que lle sucede.

descarga.jpeg

vídeo-conto, Teo, enfermo

Teo é un neno de catro anos, e a través dos seus contos  preséntanse situacións da vida diaria. Está baseado nos libros infantís “Teo descubre el mundo” e vai dirixido a nenos e nenas de todas as idades, pero sobre todo aos máis pequenos que aínda están descubrindo o mundo que os rodea

Teo está enfermo

maxresdefault (1).jpg

vídeo-conto, enfermidade, tristeza

Este conto, explica a historia de dous enfermos que comparten habitación nun hospital, un pode sentarse e estar ao lado da ventá e o outro só pode estar deitado. O home que está deitado sempre lle pregunta o que se ve pola ventá. O seu compañeiro sempre lle di que ve cousas bonitas, como un parque soleado cheo de xente. Cando por fin se recupera e pode mirar pola ventá dáse conta de que só se vían ladrillos e que o seu compañeiro lle contaba historias positivas para axudalo a sentirse mellor.

La ventana del Hospital

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

pdf, maleta, cancro

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

La maleta mágica

Captura de pantalla 2020-12-28 a las 17.

pdf, igualdade, diversidade

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

La ciudad de las escaleras

regalo de maria.jpg

pdf, normalización, diabetes

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

El Regalo de María

unnamed (1).jpg

pdf, cultura, respeto

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

El puesto de Concha

50537956.jpg

pdf, inclusión, igualdade

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

La joven del paraguas

el jardin de los sueños portada.jpg

pdf, maxia, loito

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

El jardín de los sueños

portadaSacs.JPG

pdf, solidariedade, voluntariado

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

Sacos de semillas

PortadaTodosSomosÁngeles1.JPG

pdf, loito, tristeza

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

Todos somos ángeles

IMG_4385.JPG

pdf, normalización, tradición

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

El pergamino de Armat

unnamed.jpg

pdf, valores, emocións

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

La meta es el camino a seguir

FullSizeRender.jpg

pdf, interculturalidade

Esta colección  creada por Toñy  Castillo, está formada por once contos que teñen a finalidade de utilizarse como axuda na terapia de nenos/as con enfermidades longas. Estes contos tratan temas como o cancro, a diabetes, o síndrome de Down, disfuncionalidade físicas, loitos...  Están protagonizados pola Lúa que as veces baixa a contar historias aos nenos e nenas.

El caftán de la capitana

Don Tensio Metro

1-0.jpg

web, contos, diabetes

Trátase dunha colección de nove libros nos que se contan as historias de Borja, un neno que padece diabetes. Neles  expóñense dificultades da vida cotiá e algunhas propostas para resolvelas. O obxectivo principal é a identificación co protagonista, a reflexión e o cambio de actitudes.

Los cuentos de Borja

bottom of page