Duolingo
linguas,educativo,movil, tableta
Esta aplicación para a aprendizaxe de linguas é a app máis descargada do mundo. Aprender con distintos ritmos de aprendizaxe, recompensas e a interacción creada pola plataforma fanlle ser merecedora dos top 10 das app educativas máis recoñecidas ata o momento.
Duolingo
linguas,educativo,movil, tableta
Esta aplicación para a aprendizaxe de linguas é a app máis descargada do mundo. Aprender con distintos ritmos de aprendizaxe, recompensas e a interacción creada pola plataforma fanlle ser merecedora dos top 10 das app educativas máis recoñecidas ata o momento.
cómic, debuxo, android
Para apaixonados do debuxo, esta é a vosa app. Dalle vida ós teus deseños artísticos con esta app. Só tes que imprimir unha das platillas, coloreala e ver como
videoxogo, saude, hixiene
VRS HOME MISSION es un juego educativo para mostrar cómo cuidar tu salud frente a enfermedades.
Deberás respetar las recomendaciones, mantener una buena higiene de manos y ser capaz de llevar adelante una rutina que mantenga un equilibrio saludable para tu cuerpo y tu mente, al mismo tiempo que eres capaz de realizar retos y misiones.
Realizando correctamente las misiones, conseguirás VRS Coins, una moneda virtual con la que, dentro del juego, invertirás en la investigación científica y cuidado de la salud.
realidade aumentada, debuxo, Android
Para apaixonados do debuxo, esta é a vosa app. Dalle vida ós teus deseños artísticos con esta app. Só tes que imprimir unha das platillas, coloreala e ver como
simulación, hospital, android, ios
Tu tarea es hacer un seguimiento de los pacientes y coordinar que los doctores vayan al sitio que se necesite.
Pon a prueba tus habilidades médicas en 12 fáciles minijuegos y mejora tu hospital obteniendo como recompensa nuevo equipamiento y personal.
• mide la altura y pesa a tus pacientes
• comprueba el latido del corazón y mide la presión arterial
• pon las vendas y trata los huesos rotos
• toma muestras de sangre y coloca el suero
• organiza los historiales y prepara los Rayos X
• y no olvides desinfectarte las manos
Páxina optimizada
para pc
Las unidades pedagógicas hospitalarias y el aprendizaje por proyectos de trabajo
artigo, aprendizaxe, proxectos
Este artigo reflexiona sobre os procesos de ensinaza-aprendizaxe que se desenvolven nas Unidades Pedagóxicas Hospitalarias da Comunidade Valenciana. Nelas, lévase a cabo unha actuación educativa cunhas características organizativas propias dentro do contexto hospitalario. Dentro destas Unidades Pedagóxicas, combínanse os factores psicoeducativos cos de carácter sanitario, co fin obxectivo de garantizar a calidade dun sistema educativo adaptado ao alumno con Necesidades Específicas de Apoio Educativo. Asemade, analízase a evolución das aulas hospitalarias en paralelo ao concepto de Pedagoxía Hospitalaria, os diversos ámbitos de actuación educativa e as posibilidades do aprendizaxe por proxectos de traballo.
Recursos materiales de la Pedagogía Hospitalaria en Europa
artigo, análise, recursos
Este artigo presenta os datos obtidos dun estudo descriptivo sobre a Pedagoxía Hospitalaria en Europa. De xeito concreto, os datos amosan as condicións físicas e materiais -os espazos, os materiais e os apoios financieiros- cos que conta o desenvolvemento das actividades educativas dentro dos hospitais. Este traballo forma parte dun estudo que procura a valoración das condicións nas que se leva a cabo a pedagoxía hospitalaria nas institucións sanitarias europeas. A súa finalidade é amosar as posibles alternativas materiais que existen neste ámbito, para poder solventar algunha das necesidades que se poden presentar dentro das aulas hospitalarias.
Multidimensionalidad de la pedagogía hospitalaria desde la transdisciplinariedad: análisis de necesidades en los intinerarios formativos
comunicación, metodoloxía, transdisciplinar
Esta comunicación pretende presentar os obxectivos principais e a metodoloxía de investigación dun proxecto que recolle as impresións dos distintos axentes que interveñen na atención dos nenos/as e mozos/as en situación de enfermidade, e identificar e establecer as necesidades en materia de formación integral dende un punto de vista transdisciplinar. Trátase dunha investigación en proceso, deseñada cunha metodoloxía de investigación cualitativa, a través da realización de grupos de discusión e pensada en dúas etapas para cada país estudado: 1) Realización de grupos de discusión en Venezuela, Italia, España, e EEUU rexistrados mediante audio e realización da transcrición das gravacións. 2) Análise hermenéutico das transcricións mediante o programa Atlas-Ti, 6.2, co deseño das categorías e subcategorías para os diferentes países, co fin de comparar estes resultados.
La pedagogía hospitalaria en Costa Rica: La atención a la niñez menor de siete años de edad
artigo, pedagoxía, docentes
Este artigo presenta os resultados dunha investigación cuxo principal obxectivo consistía en analizar a situación da pedagoxía hospitalaria en Costa Rica, en concreto, con nenos/as menores de sete anos. Para a súa realización, empregouse unha metodoloxía cualitativa e descritiva na que os datos se obtiveron da aplicación de cuestionarios e entrevistas. Despois, esta información obtida, rexistrouse en instrumentos elaborados polas investigadoras do estudo. Nesta investigación estudáronse dous hospitais do país -institución A e institución B-, que presentan un servizo educativo á poboación infantil.
INEDITHOS: UN PROYECTO
DE PEDAGOGÍA HOSPITALARIA DEDICADO A LA MEJORA DE LA CALIDAD DE VIDA DE NIÑOS Y JÓVENES
CON ENFERMEDADES RARAS A PARTIR DE LA INTERVENCIÓN E INVESTIGACIÓN CON VOLUNTARIADO UNIVERSITARIO
proxecto, ApS, intervención
O obxectivo deste artigo é presentar unha experiencia en Pedagoxía Hospitalaria organizada dende a Universidade das Illas Baleares. Trátase do Proxecto INeDITHOS, centrado no traballo para a mellora da calidade de vida dos nenos/as e mozos/as con enfermidades raras, que se desenvolve en tres liñas de intervención: apoio psicopedagóxico aos afectados e as súas familias, investigación para dar resposta ás necesidades que se van detectando neste ámbito e formación do alumnado universitario que colabora no proxecto a través da metodoloxía de Aprendizaxe- Servizo (ApS). Este proxecto aínda está en proceso e, dende a súa creación, implicáronse asociacións como ABAIMAR e FEDER coas que mantén unha relación de colaboración e cooperación.
Percepciones del profesorado y de los padres del paciente sobre la pedagogía hospitalaria
artigo, pedagoxía, docentes
Este documento presenta unha investigación na que se explica como un ingreso hospitalario prolongado pode afectar aos pacientes cando volven ás aulas ordinarias. Por iso, poñen en marcha un estudo dos beneficios e innovacións que supón a Pedagoxía Hospitalaria nunhas Unidades de Saúde Mental, concretamente na Unidade de Trastornos do Comportamiento Alimentario (UTCA). Os pais observan cambios no comportamento e autoestima, os docentes evalúan positivamente a informacion e coordinacion co Equipo de Atención Educativa Hospitalaria e Domiciliaria, e o grupo-clase do que forme parte o paciente ingresado incorpórase á aula ordinaria sen maiores problemas, sentíndose incluido/a.
La educomunicación a través de los recursos tecnológicos en la pedagogía hospitalaria
comunicación, TIC, proxecto
As TIC desempeñan un papel fundamental na actualidade, xa que nos permiten estar en contacto coa sociedade e a realidade. Dita tecnoloxía permite que aquel alumnado que, por motivos médicos non poida acudir ao centro escolar ordinario, continúe o seu proceso de ensinanza-aprendizaxe de maneira normal. Desta maneira, os autores do texto tratan de levar a cabo unha investigación onde, a través de proxectos TIC existentes para a aula hospitalaria e centros educativos, se comproba se é posible establecer una mellor comunicación entre ambos ámbitos educativos, implantando o Proxecto de Caroline e Christer para que a escola ordinaria traspase as súas fronteiras.
Pedagogía Hospitalaria hacia el diseño de una propuesta de competencias específicas para la formación docente
Esta tese doutoral trata de profundizar sobre a situación actual da Pedagoxía Hospitalaria, considerando como principal eixo central que todos os nenos/as teñen dereito á educación. Ademais trata a formación que hai que ter para poder exercer nunha aula hospitalaria e como nas carreiras de educación a formación en Pedagoxía Hospitalaria é moi escasa.
tese-doutoral, pedagoxía, hospitalaria
Evaluación en educación hospitalaria a estudiantes de la facultad de Enfermería
artigo, enfermería, investigación
O artigo crea un percorrido polo concepto da Pedagoxía Hospitalaria, tendo en conta a súa concepción e desenvolvemento, as súas funcións e tarefas fundamentais, a prevención da saúde na Pedagoxía Hospitalaria e as diferentes fases polas que pasa un paciente desde a súa hospitalización entre outros aspectos. Non obstante, o obxectivo xeral do texto é avaliar o coñecemento en educación hospitalaria a estudantes da Facultade de Enfermería da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo. Os resultados amosados a partir desta investigación permiten afirmar a importancia da metodoloxía usada no alumnado hospitalizado para a facilitación do ensino-aprendizaxe do alumno/a, ademais de que esta metodoloxía debe ser acorde á individualización de cada un deles.
La Pedagogía Hospitalaria: reconsideración desde la actividad educativa
A acción pedagóxica no ámbito hospitalario non é nova pero tampouco se fala dela coa frecuencia debida. Por iso, é importante ter en conta ao alumnado que se encontra hospitalizado por razón de enfermidades e, sendo clave desta reflexión, como incluír a este alumnado no ritmo escolar, os contidos que lle corresponden e a súa necesidade dunha eficaz acción educativa.
artigo, pedagoxía, educación
La pedagogía hospitalaria frente a un niño con pronóstico fatal. Reflexiones en torno a la necesidad de una formación profesional específica
Este artigo céntrase na figura do pedagogo/a hospitalario/a fronte ao acompañamento do neno/a en fase terminal. Nel, o seu rol é entendido como profesional da educación que forma parte dun equipo multiprofesional, o cal presta apoio tanto ao paciente pediátrico como a súa familia e ao resto dos profesionais involucrados na súa atención, co obxectivo de afrontar o impacto derivado dunha enfermidade con prognósitco fatal.
artigo, enfermería, investigación
Desempeño profesional del Licenciado en Psicología y Pedagogía, una mirada hacia la Pedagogía Hospitalaria (PHS)
artigo, Bogotá, proxecto
Fai un percorrido pola necesidade de licenciados en Psicoloxía e Pedagoxía nas aulas hospitalarias da área de pediatría do hospital da Misericordia na cidade de Bogotá, a cal posúe un dos programas máis completos de pedagoxía hospitalaria denominado “Casita Nacho”. Desta maneira dita investigación pon en marcha un proxecto co que coñecer as prácticas pedagóxicas, identificcar ó licenciado en Psicoloxía e Pedagoxía e, dende a orientación educativa e o seu saber, aportar e potenciar unha apertura no desempeño profesional no campo da Pedagoxía Hospitalaria.